MUSICA GALEGA
VENRES 3 OUTONO_20.30 h.
Teatro Rosalía (A CORUÑA)
+ Entre Trastes + Lulavai + Xesús Vaamonde
Xa van pola súa sétima edición, todo un clásico no outono da música galega. Son os Premios Opinión de Música Folk. I e ste ano, o elixido como mellor disco de folk do ano é Home (falcatruada 07), de Xosé Manuel Budiño, que sucede ao álbum Nordestin@s (falcatruada 06) e converte ao gaiteiro no único artista que repite galardón: en 2004 fixera o propio con Zume de Terra.
Como xa vén sendo habitual, o premiado actuará ao vivo na gala de entrega, que terá lugar no Teatro Rosalía dA Coruña o vindeiro 3 de outubro dende as 20.30 horas. A demais do gaiteiro de Moaña, tamén actuarán Entre Trastes, Lulavai e Xesús Vaamonde.
Escribenos a:
mosicayparolas@gmail.com
Mosica y Parolas
Apartado de correos 8168
Zaragoza 50080
Visita:
http://www.myspace.com/mosicayparolas
musica
cultura
Technorati Profile
medios
musica
folk
world music

1 comentario
Luis -
Ao longo de máis dun século de reivindicación da dignificación da gaita galega e a figura do gaiteiro, na actualidade o noso instrumento nacional está a pasar por unha etapa de esplendor na que recuperou o seu recoñecemento e respecto social e na que están garantidos o seu ensino e a súa difusión.
Dende que a LOGSE e máis tarde a LOE fixeron posible a introdución da gaita galega nos conservatorios do país vimos asistindo á continua creación dun novo repertorio para a nosa gaita acompañada por instrumentos coma o piano, a arpa, ou por formacións musicais como a banda de música ou mesmo a orquestra.
O MUSGAFOL é un espazo para difusión da música académica contemporánea composta para a gaita galega do s. XXI, que polo de agora só tiña cabida nas aulas dalgúns conservatorios, no que se potencian aos seus creadores e aos novos intérpretes.
Nesta primeira edición do MUSGAFOL daranse cita algúns dos mellores gaiteiros e pianistas do noso país para interpretar unha selección do repertorio contemporáneo para gaita e piano, gravando ao vivo, o primeiro CD monográfico desta formación, que marcará un fito na historia do noso instrumento.
Programa:
Agustín Sánchez Gabriel López
Capricho de gaita (Agustín Sánchez)
Pablo Devigo Lucas Llumá
Bría (Pablo Devigo)
Cristian Silva Olalla Bouzas
Corticata: Odisea entre Mylitus Galloprovincialis (David Bellas)
Oscar Ibáñez Pilar Isabel Rodríguez
Redondelana (Ernesto Campos)
Paulo González Iván Abal
Contorno #1 (Paulo González)
David Bellas Ana Belén López-Villar
H2O (David Bellas)
Presenta: Javier Jurado
A ENTRADA É LIBRE