SILVIA PENIDE EN A CORUÑA MAÑANA JUEVES
Silvia Penide pecha a súa xira galega en A Coruña
Os acordes de Desafinante Crónica (facatruada 07) sonarán en Galicia, por última vez acompañada da súa banda, no edificio da Fundación Caixa Galicia no Cantón grande de A Coruña. Será este xoves 28 ás 21.00 horas , unha cita que está espertando moita curiosidade entre o público xa que, a finais da pasada semana, xa había máis dun terzo das localidades vendidas. As entradas poden mercarse por adiantado na páxina web de Caixa Galicia ou no teléfono 902.434.443 a un prezo de 5 euros.
A do xoves será a última oportunidade de ver a cantante de Meicende, polo momento, tocando coa banda que a secundou en Lugo, Ferrol e Pontevedra. Despois regresará, en solitario, por todo o estado: i é que, o venres 29 Silvia Penide trasladarase até Madrid para tocar ao vivo no Rincón del Arte Nuevo dentro do certame Ellas Crean, con motivo do Día Internacional da Muller, e no que compartirá cartaz, entre outras, con Lara Bello, La China ou Pucci. Máis info e datas, na súa web.
0 comentarios