Blogia
mosicayparolas

SILVIA PENIDE EN A CORUÑA MAÑANA JUEVES

SILVIA PENIDE EN A CORUÑA MAÑANA JUEVES

Silvia Penide pecha a súa xira galega en A Coruña

Os acordes de Desafinante Crónica (facatruada 07) sonarán en Galicia, por última vez acompañada da súa banda, no edificio da Fundación Caixa Galicia no Cantón grande de A Coruña. Será este xoves 28 ás 21.00 horas , unha cita que está espertando moita curiosidade entre o público xa que, a finais da pasada semana, xa había máis dun terzo das localidades vendidas. As entradas poden mercarse por adiantado na páxina web de Caixa Galicia ou no teléfono 902.434.443 a un prezo de 5 euros.

A do xoves será a última oportunidade de ver a cantante de Meicende, polo momento, tocando coa banda que a secundou en Lugo, Ferrol e Pontevedra. Despois regresará, en solitario, por todo o estado: i é que, o venres 29 Silvia Penide trasladarase até Madrid para tocar ao vivo no Rincón del Arte Nuevo dentro do certame “Ellas Crean”, con motivo do Día Internacional da Muller, e no que compartirá cartaz, entre outras, con Lara Bello, La China ou Pucci. Máis info e datas, na súa web.


Visita:
http://www.myspace.com/mosicayparolas


Technorati Profile


¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

0 comentarios

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres