AO VIVO
ACORDO DE COLABORACIÓN ENTRE O FOLQUE E O ISA
En febreiro de 2007, Ugia Pedreira, na altura directora do Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín, viaxa á Habana e entrevístase coa director do Instituto Superior de Arte (ISA) de Cuba. Este foi o alicerce de futuras colaboracións entre o que despois pasou a ser aCentral Folque e o ISA.
Deste acordo de colaboración internacional xurdiron dous proxectos até o momento:
1. Unha investigación levada a cabo por Ramom Pinheiro (profesor de historia da música) no veran de 2007 da que sairá o libro A la Habana quiero ir (Ed Sotelo Blanco, 2009)
2. E a Descarga ao vivo, un espectáculo de fusión de música galega e cubana artellado no inverno de 2007 e estreado no Teatro Mella da Habana en febreiro 2008
Habana quiero ir (Ed. Sotelo Blanco 2009) compendia meses de investigación en Cuba de Ramom Pinheiro. Ademais do libro, o espectáculo Descarga ao vivo, do que Pinheiro é director artístico, ofreceranos a finais de xullo un repertorio de temas saídos desta investigación.
A finais do século XIX e princ. do XX, os emigrantes galegos foron tan numerosos en Cuba que gallego se convertiu en sinónimo de Peninsular. Cunha comunidade tan grande axiña se fixeron necesarios símbolos de identidade e así se estrea o himno galego na Habana en 1907.
Durante meses, Pinheiro estudou os compositores galegos emigrados ou exilados na illa, os xéneros musicais que crearon e a influencia que a música galega exerceu nos compositores cubanos. Levantou tumbas, removeu memorias e apareceron pezas inéditas ou longamente esquecidas do repertorio musical galego. E así se foi xestando a Descarga ao vivo, un espectáculo musical de fusión galego-cubana do que Pinheiro é o director artístico. Un espectáculo que se estreou o ano pasado na Habana, no Teatro Mella, e que chegará o próximo mes de xullo a Galicia.
A la Habana quiero ir, Los gallegos en la música de Cuba, presentouse no mes de febreiro na Habana, na Feira Internacional do Libro. Poderán adquirirse exemplares desta edición nos concertos da Descarga ao vivo na Coruña (23 de xullo, Teatro Rosalía) e Vigo (30 de xullo, Teatro Caixanova).
DESCARGA AO VIVO. O espectáculo que fusiona a música galega e a cubana
Cun elenco musical de luxo e uns arranxos musicais entre o jazz latino e o folque europeo, a Descarga ao vivo preséntase por fin en Galiza en tres concertos exclusivos:
23 de xullo. A Coruña. Teatro Rosalía de Castro
25 de xullo. Compostela. Campus Sur
30 de xullo. Vigo. Teatro Caixanova
A Descarga ao vivo nace dun acordo de colaboración entre aCentral Folque e o Instituto Superior de Arte cubano. Profesores de ambos centros conforman esta orquesta mixta que nos achegará a finais de xullo os sons que facían bailar a galegos e mulatos nos xardíns da Tropical, na capital cubana.
Entre os 12 temas que interpretarán soarán melodías emblemáticas para a emigración galega coma a Alborada de Veiga ou Un adiós a Mariquiña e temas inéditos, froito da investigación de Ramón Pinheiro, como O Indiano de Ricardo Fortes Albarellos, Del Ferrol a La Habana de Juan Parga ou o tema Cuba-Galicia do compositor cubano Guillermo Tomás.
A la Habana quiero ir, Los gallegos en la música de Cuba
O libro A la Habana quiero ir, Los gallegos en la música de Cuba, recolle a investigación de Ramom Pinheiro Almuinha sobre a parte cubana do patrimonio musical galego.
Escribenos a:

mosicayparolas@gmail.com
Mosica y Parolas
Apartado de correos 8168
Zaragoza 50080
Visita:
http://www.myspace.com/mosicayparolas
1 comentario
Alvaro Uribe -
Un saludo.