DIACRONIAS -Mejor disco gallego de folk 2008-
DIACRONÍAS, MELLOR DISCO GALEGO DE FOLK NO 2008
Lizgairo releva a Nordestin@s e a X.M. Budiño, tamén editados por Falcatruada
A oitava edición dos Premios Opinión de Música Folk vén de recoñecer Diacronías (falcatruada) coma o mellor disco do 2008. O xurado, composto por xornalistas coma Fernando Neira (El País), José Miguel López (Radio3), Nonito Pereira (El Ideal Gallego), Salva Rodríguez (Faro de Vigo) ou Emilio Españadero (Radio Galega) entre outros, premia así o disco debut do trío Lizgairo, cuxos integrantes -Anxo Pintos, Xosé Liz e Rodrigo Romaní- xa recolleran cadanseu premio en proxectos diferentes con anterioridade.
Diacronías ofrece unha viaxe sonora pola música do país baixo unha perspectiva que mestura arranxos de corte clásico no eido do folk con outros máis arriscados. Arpa céltica, zanfona e bouzouqui son os instrumentos que levan o peso da obra e cada solista ten o seu momento para sobrancear. Óscar Losada, responsable dos Premios e inegrante do xurado.
En Falcatruada felicitámonos porque o de Lizgairo é o terceiro disco editado na casa que acada este galardón de xeito consecutivo despois dos de Nordestin@s e Home, de Xosé Manuel Budiño. Igualmente queremos estender os parabéns a todos os grupos participantes, especialmente a Uxía, co seu Eterno Navegar, e a Milladoiro por A Quinta das Lágrimas. Pero tamén aos Bonovo, Vaamonde Lamas e Romero e á Señora Carmen co proxecto Malvela, así coma a todos os que fan posible que os Premios Opinión de Música Folk sexan, ano tras ano e xa van oito-, un crebacabezas para o xurado do certame.

Escribenos a:
mosicayparolas@gmail.com
Mosica y Parolas
Apartado de correos 8168
Zaragoza 50080
Visita:
http://www.myspace.com/mosicayparolas
0 comentarios