Blogia
mosicayparolas

SEVIGNY - GIRA POR GALICIA -

SEVIGNY  - GIRA POR GALICIA -

Fin da xira galega


Con Melalcoholic, deuse a coñecer por toda Galicia nunha serie de concertos que a rebelaron coma o disco revelación do ano. Sevigny volta agora de novo ás táboas cunha xira de despedida antes de levar a súa música e a súa voz por outras latitudes do estado e, de paso, compaxinar os concertos coa composición do seu segundo disco.

Desta vez, Lucía Rolle alternará concertos acústicos, coma o que dará hoxe no club clavicémbalo de Lugo, e outros acompañados da súa banda (Rubén Appratto ao baixo e Xulio Vázquez, batería e percusión) coa que despregará unhas melodías máis jazzeras, sen esquecer certos flirteos electrónicos.

Moitos xa descubriron a unha das mellores voces galegas nos concertos que deu na Iguana de Vigo ou no Capitol de Santiago. Faino ti agora tamén durante os derradeiros coletazos da súa xira en…

club clavicembalo
18_setembro_lugo


Technorati Profile

0 comentarios