Blogia
mosicayparolas

OS VARACUNCAS

OS VARACUNCAS Os Varacuncas:

Somos de Rodeiro, Pontevedra un grupo de música tradicional.

Nacemos coma grupo no ano 2002,a nosa formación componse de Camilo Feijoo Dafonte (gaiteiro), Alfonso Doval Cidre(gaiteiro),Alberto Conde (gaiteiro), Horacio Ferradás 5/3/77 (gaiteiro),Alejo Pacín Jul 20/3/86 (gaiteiro),Carlos Lamazares(bombeiro, considerado dos mellores da Galiza),Juan Nuñez/(tamborileiro),Lucía Ferradás García (Pandereteira e voz),Nicole García Poutón (Pandereteira e voz).

Comezamos actuando en festas parroquiais do noso concello, nese mesmo ano acudimos coma grupo invitado os Magostos de Balboa na montaña dos Ancares Leoneses, repetindo nese lugar na festa de San Xoan.

Logo sucederonse actuacións na zona do Bierzo La Chana, Espinoso de Compludo. Lugares nos que fomos xa varios anos polas festas patronais. Somos pois un grupo de romerias, carballeira, de pasarruas, e se fai falla de escenario en grandes concertos.

Empregamos coma local de ensaio unha antiga casa escola situada na parroquia de Santa Baia, en Rodeiro. Agora traballamos no repertorio para a xira 2009 e para o nadal preparamos a nosa primeira maqueta, composta por temas tradicionais e o noso hit " muñeira de Rodeiro", composta para o grupo por Alberto e Horacio.

Temos que destacar o papel que tiveron nesta formación Carlos Conde,tamborileiro dende a sua infancia e Feliciano outro grande tamborileiro, por desgraza xa non forman parte da agrupación pero son Varacuncas de pura cepa. E nos somos os varacuncas de Rodeiro. Viva Camba Preparádevos que Os Varacuncas estamos no mercado...

Os Varacuncas actuaran:

Festa gastronómica en Rio concello de Rodeiro, hai feira de mostra de artesanía, xantar no campo da feira e festa asegurada co grupo de gaitas da escola municipal de Rodeiro , Os Varacuncas e seguramente algunha charanga.

http://www.myspace.com/varacuncas


Escribenos a:

mosicayparolas@gmail.com

Mosica y Parolas
Apartado de correos 8168
Zaragoza 50080

Visita:
http://www.myspace.com/mosicayparolas

Technorati Profile









¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

0 comentarios

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres