Blogia
mosicayparolas

PLAZA DE FIRME DE BATRIBÁN

Este sábado 22 de septiembre celébrase unha xornada de recordo ó gaiteiro Firme de Batribán (Vilanova de Ozcos, Asturias).

Consiste na lectura dun pequeno texto frente á tumba ás 17.00h do poeta de Vilanova Antonín Santos Mediante, escrito en 1.919 e, acto seguido, acudirase a unha praza de Vilanova, á que se poñerá "Plaza de Firme de Batribán", para que os invitados, seguindo un turno fixado, interpreten unha ou dúas pezas.

Acudirán como invitados Pablo Carpintero, Luis Prego, "Cadava" (conxunto de gaitas de La Caridad), Vezos astures, Xosé Nel Expósito (acordeonista de Felpeyu), un servidor, César Fernández de Leituego, Manuel Rodríguez "Nela", Otilio Fernández de A Burela, Modesto Arias de Murias, Constantino de Pasarón, Constante da Valiña e algunhas personalidades.

Fuente:
Juanjo Fernández
http://www.agaitadofol.com


Technorati Profile

0 comentarios